Esta bitácora ou blog de aula foi creado a comezos do curso 2011 -2012 polos alumnos e a profesora do ámbito sociolíngüístico do Programa de Diversificación curricular de 3º de ESO do Instituto de Ensinanza Secundaria Terra de Trasancos, Narón, A Coruña.
Os obxectivos que determinaron a súa creación son os seguintes:
-Establecer un medio de comunicación e aprendizaxe entre alumnos-profesora e alumnos-alumnos de carácter inmediato, actual, aberto a calquera tipo de colaboración, favorecendo a aprendizaxe do alumnado máis alá las aulas do instituto.
-Servir de plataforma de aprendizaxe, onde a profesora poida expor, analizar e gardar todos os contidos revisados cos alumnos.
-Acoller de forma permanente tódolos materiais creados pola profesora ou empregados nas exposicións das materias, de xeito que estén sempre accesibles para os alumnos e se poidan revisar cando sexa necesario.
-Converterse nun banco de recursos accesible e ben organizado e estructurado, dende o cal os alumnos teñan un fácil acceso a tódala información que poidan precisar e as webs de visita diaria.
-Permitir a exposición pública dos traballos realizados polos alumnos, as súas creacións, opinións, traballos de investigación,etc.-Abrir novas vías de comunicación e aprendizaxe a través dos comentarios feitos polos propios alumnos, seguidores ou calquera persoa que revise o noso traballo.
-Establecer unha vía de contacto con outros membros da nosa comunidade educativa ou da rede en xeral,a través das webs ou blogs recomendados e seguidos, ós enlaces a outros blogs do propio Centro,etc.
-Converterse nunha forma ou método de ensinanza e aprendizaxe, aproveitando os múltiples recursos que ofrecen as novas tecnoloxías.
-Favorecer que os alumnos se convertan en cidadáns críticos e reflexivos cos acontecementos que ocorren arredor de sí, analizando con espíritu crítico e reflexivo toda a información contida na rede, sabendo sacar proveito da mesma e rexeitando aquelas outras que non se acollen á verdade ou nos respectan os principios de autoría e legalidade.
-Buscar novas vías de aprendizaxe e ensinanza, propias do século XXI e que aproveiten ó máximo as posibilidades que nos ofrece a educación hoxe en día.