domingo, 29 de enero de 2012

Exercendo de xornalistas solidarios

Como ben sabedes, os periódicos que lemos a diario en formato papel ou dixital non saen da nada, senón que detrás deles hai un grupo de xornalistas encargados de buscar as novas, informarse, preguntar, tomar fotografías, falar ca xente implicada, cas autoridades responsables, buscar información nos arquivos de datos, etc. Unha vez feito este traballo, reúnense nas redaccións, poñen en común a información recadada e comezan a preparar a súa publicación que será enviada á planta de impresión para despois distribuila polos puntos de venda habituais ou ben, preparala en formato web para consultalo de xeito on-line.

Pois ben, o traballo que vos toca facer esta semá será precisamente o de exercer de xornalistas no noso propio Centro. O obxectivo é crear un pequeno xornal virtual neste blog con novas de actualidade referidas ó noso instituto. Como tamén sabedes, entre o próximo 30 de xaneiro e ata o 3 de marzo celebraremos, no IES Terra de Trasancos, a Semana Solidaria. O voso traballo consistirá en observar, con espíritu xornalístico, todo o que sucede, o que se fai, o que se realiza, se a xente participa ou non, o que se aprende, o que se recada, etc. Teredes que recoller datos, imaxes, videos para logo preparalas e publicalas no noso blog-xornal.
Aquí vos deixo unha serie de recomendacións para facer ben o voso traballo. Botádelles un vistazo, aclarade dúbidas e empezade a traballar.
¡ A pola noticia!

                      Recomendacións para xornalistas principiantes:
-Todos sodes axentes implicados, xa sexa recollendo información como preparándoa para publicala.
-Convén deixar claro, dende o pricipio, quen se encargará de cada función evitando así perder datos ou duplicar o traballo. Unha vez teñades adxudicadas as vosas funcións, convén tamén que cada un reflexione sobre o seu papel, prepare o seu material e organice ben o seu traballo.
-Haberá que recoller información sobre todo o que ocorre durante a Semana Solidaria: quen imparte as charlas ou talleres e sobre que temas tratan, impresións da xente que asista a esas charlas, opinións das persoas encargadas da charla, imaxes deses eventos, opinión das persoas responsables da organización (por que este evento, que se pretende, que se conseguiu, como funcionou, etc), opinións das persoas participantes e colaboradores. En definitiva, canta máis información mellor.
-Unha vez rematada a recollida de información, teredes que poñela en común e discutir como a ides a organizar.
-Preparar toda a información recollida e facela pública no noso blog.

miércoles, 25 de enero de 2012

Ricos "versus" pobres

Estes días vimos revisando cuestións relacionadas ca desigual distribución das riquezas no noso planeta. Como xa sabemos, vivimos nun "país rico" pois contamos con ingresos altos por habitante, temos unha economía máis ou menos produtiva, vivimos nun sistema democrático que garante os nosos dereitos básicos á educación, sanidade, igualdade de xénero; temos unha esperanza de vida elevada, etc. Pero esta situación non é a mesma se nos trasladamos ós chamados "países pobres".
Imos ver se realmente entendemos todo o explicado e comentado estes días. Nas páxinas 50 e 51 do voso caderno de traballo aparecen unhas táboas que teredes que completar sinalando as semellanzas e diferenzas entre os países desenvolvidos e os subdesenvolvidos en materia de política, economía, sociedade e demografía.

Para que vos resulte máis sinxelo, botádelle unha ollada a este video creado por outro alumno de secundaria coma vós no que se recordan as principais diferencias entre ambos sistemas.

                                              

Sen dúbida, os mais perxudicados por estas desigualdades son os nenos, que en moitos países, non teñen garantizados os seus dereitos básicos. Observade este video da Organización ACNUR.
                                                           


Reflexionemos sobre estas cuestións: ¿cales son os nosos dereitos? e ¿cales son os Dereitos dos Nenos? ¿existe algunha lexislación que vos defenda? De existir, ¿cales son os vosos dereitos? ¿no teu país respétanse? ¿e noutros? Aquí vos deixo o enlace para acceder a Carta Europea dos Dereitos Fundamentales. No seu artigo 24 recolle os Dereitos da infancia; despois de  analizalos, compara se a situación no noso país é igual á de Etiopía, China, Congo, Brasil, Noruega, por exemplo.
Como conclusión propóñovos que fagades unha reflexión por escrito sobre estas cuestións que levará por título : "Se eu nacera nun país subdesenvolvido...." Sería unha boa opción publicala neste blog para poder comparar a túa visión ca de outros compañeiros, non cres?

martes, 24 de enero de 2012

Diver-proyectos 2ª evaluación.

Dice el refranero popular que el tiempo es oro y esto es justo lo que nos ocurrirá esta evaluación: apenas hemos llegado de las vacaciones de Navidad y ya están ahí los Carnavales (con sus correspondientes festivos) esperándonos con sus disfraces, sus cocidos, sus filloas..... Tenemos poco tiempo así que conviene no perderlo, organizar bien nuestro trabajo, aclarar los proyectos a los que nos enfrentamos y... empezar a trabajar.

Aquí os dejo, en un archivo adjunto, las instrucciones para realizar correctamente los proyectos que se evaluarán en este trimestre: una nueva recomendación literaria de algún libro que hayáis leído y que os gustaría recomendar a un amigo, una nueva adaptación en video de un poema que vosotros seleccionéis libremente y un breve trabajo de investigación sobre la tradición carnavalesca en España.
¡Ánimo y a trabajar!

lunes, 23 de enero de 2012

Sopa de letras (Acentuación)

¡Hola amigos! Os dejamos a continuación una pequeña sopa de letras en la que incluimos algunas palabras que responden a diferentes reglas de acentuación. Bien... nosotras ya hicimos nuestro trabajo, ahora os toca a vosotros encontrar las palabras...
¡Pero eso no es todo! También tenéis que ponerles el acento, y una vez hecho eso tendréis que clasificarlas en graves, llanas y esdrújulas. ¡BUENA SUERTE!