jueves, 1 de diciembre de 2011

Socioeconomía: o sector primario

A estas alturas, e logo do que xa levamos falado na clase, seguro que xa sabedes diferenciar que actividades económicas e produtivas se considerarían propias do sector primario, cales do secundario e as propias do terciario. Con todo, non está de máis revisar estas cuestións. Mirade este video e despois afondaremos algo máis en cada apartado específico do sector primario.

                                        


1. A agricultura. A agricultura é sen dúbida unha das actividades económicas máis desenroladas no noso planeta; xa sexa de forma extensiva ou para consumo propio o certo é que son abondosas as diferentes formas de cultivar o campo. A continuación propóñovos esta actividade interactiva que vos permitirá comprobar se entendíchedes a explicación que sobre tipos de agricultura se fai no noso libro de texto.
Observade agora esta imaxe: que se representa nela? en que espazo xeográfico a situaríades? pensades que se trata de agricultura extensiva ou de subsistencia?



¿Que actividades agrícolas se desenvolven en Galicia? ¿Son extensivas ou para o consumo propio? ¿cales son os productos agrícolas máis cultivados na nosa terra? ¿ onde se cultivan? Podedes acceder ó Portal da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e alí encontraredes a resposta a todos estes interrogantes.

2. A gandeiría. Volvendo a consultar o mesmo enlace, investigade agora cales son as principais actividades gandeiras de Galicia, tipos de gando e empresas que se dedican a esta actividade. ¿Coñeces algún producto relacionado ca gandeiría que  teña  a denominación de orixe? ¿e de productos agrícolas?





                      





3. A actividade forestal. Se por algo se caracteriza Galicia é pola súa riqueza forestal. Revisade este enlace e descubride cantas empresas se adican a esta actividade na nosa comarca, Ferrolterra. Facede un breve resume no voso caderno, indicando onde se sitúan ditas empresas, o producto co que traballan,etc.

4. A pesca. Galicia é unha comunidade autónoma que conta, en 3 das súas  provincias, con zona marítima propia polo cal non debe resultarnos estrano que unha porcentaxe importante da nosa poboación se adique ás actividades pesqueiras. Consultade a información presente na Consellería do Mar sobre o número de persoas que traballan directamente no mar, ben sexa na pesca de baixura ou de altura. Tomade nota das zonas de pesca máis importantes, o número de barcos rexistrados e as capturas máis abondosas.
E si a pesca resulta un medio de subsitencia importantísmo en Galicia non o é menos a transformación desa materia prima, o peixe, en conservas. ¿Coñecedes algunha marca de conservas propia de Galicia? ¿Qué conservas se fan en Galicia? ¿Onde? De novo, tócavos investigar, deixovos unha pista moi valiosa.

                                      

5. A minería. ¿creedes que a minería é importante en Galicia? Antes de responder, visualizade este video divulgativo que podemos atopar no Portal de Industria da Xunta de Galicia.
Importante, ¿non si? Pois agora navegade por ese portal e sinalade zonas de explotación mineira en Galicia, indicando tamén o producto que se obtén en cada unha delas.

¿Quedan dúbidas? Revisemos este esquema, non vaia ser.

1 comentario: