Déixovos a receta por se a alguén lle entra a fame e unha fotiño para que vexades que apetitosas son.
Receita para facer unhas riquísimas chulas de cabaza.
6 ovos
Cortase a cabaza en anacos grandes, límpaselles a pel e pepitas. Ponse a cocer en auga con sal durante 20 minutos. Cando esté cocida déixase escurrir e bátese na batidora ata que teña forma de pasta.
Noutro recipiente bátense os seis ovos e mestúrase ca masa da cabaza. Logo engádese fariña, azúcar e levadura e reméxese todo moi ben ata que teña consistencia de puré.
Xa temos a masa, só falta cociñalas.
Poñemos unha tixola con aceite e esperamos a que quenza. Cunha culler collemos a masa pouco a pouca e ímola botando na tixola. Dámoslle varias voltas ata que se poñan tostadiñas e ¡listo!
A Comer..... ( a ver se vos gustan tanto como a profe!)