jueves, 20 de octubre de 2011

Arrincando motores

Arrincamos motores, a nave vai zarpar, que ninguén quede en terra.... Comezamos un novo curso, un novo proxecto, unha nova forma de aprender e estudar. Temos a equipaxe preparada, só nos falta navegar en augas calmas, vivir moitas experiencias, descubrir novos mundos e chegaremos por fin a bo porto. Eso sí, cas maletas cheas de sabedoría. Iso esperamos (senón pediremos que nos devolvan os cartos investidos! )






Este blog pretende ser unha ferramenta de traballo para os alumnos do Ámbito Sociolingüístico de 3º do IES Terra de Trasancos en Narón. Unha canle na que expoñer os novos coñecementos adquiridos, os traballos feitos, os materiais consultados, os nosos enlaces de referencia,un caixón cheo de pistas cas que seguir adquirindo coñecementos novos, etc. En definitiva, unha "alternativa" á escola da pobre Mafalda. Coñecéndoa, seguro que ela tamén querería unha bitácora como a nosa!

1 comentario:

  1. Bravo! Parabéns por esta nova aventura... seguirei as vosas cousas ó longo do curso, boa viaxe amiguiñ@s!

    ResponderEliminar