viernes, 21 de octubre de 2011

Menudo día este venres de outubro. 8,45 da mañá e xa temos lido os xornais. Final do terrorismo no noso país, dunha dictadura en Libia...Cantas boas novas, por fin! Para celebralo trouxen unhas chulas de cabaza para degustar entre todos. O outro día a profe Silvia mandounos investigar cales eran os produtos típicos do outono en Galicia e saían cabazas por todas partes. Falámoslle de que aquí en Narón son moi típicas as chulas de cabaza e a profe, que é de Betanzos, non as coñecía.Onte estiven cociñando unhas pouquiñas pra que as probase e así hoxe temos almorzo gratuito no insti. Qué cariña de agrado puxo a profe! Dende logo así as clases "molan" máis.
Déixovos a receta por se a alguén lle entra a fame e unha fotiño para que vexades que apetitosas son.
Receita para facer unhas riquísimas chulas de cabaza.
Ingredentes
1 kg de cabaza
200gr fariña
1/2 sobre de levadura en pó
Un pouco de sal
3 culleradas sopeiras de sal
6 ovos

Procedamos:
Cortase a cabaza en anacos grandes, límpaselles a pel e pepitas. Ponse a cocer en auga con sal durante 20 minutos. Cando esté cocida déixase escurrir e bátese na batidora ata que teña forma de pasta.
Noutro recipiente bátense os seis ovos e mestúrase ca masa da cabaza. Logo engádese fariña, azúcar e levadura e reméxese todo moi ben ata que teña consistencia de puré.
Xa temos a masa, só falta cociñalas.
Poñemos unha tixola con aceite e esperamos a que quenza. Cunha culler collemos a masa pouco a pouca e ímola botando na tixola. Dámoslle varias voltas ata que se poñan tostadiñas e ¡listo!
A Comer..... ( a ver se vos gustan tanto como a profe!)
Cristina

No hay comentarios:

Publicar un comentario