E como nós non nos queremos "aburrar" pensamos nunha interesante idea. Como anunciaba días atrás, por fin temos biblioteca de aula en 3º de PDC (tardamos un pouco porque houbo que ordear e decorar). Pero xa está "case" lista (aínda pensamos poñer máis libros) así que .... barra libre de lectura!
Gracias as aportacións do equipo da Biblioteca e dos propios alumnos conseguimos xuntar un bo número de libros do máis interesantes para completar a nosa librería. Temos un pouco de todo: hainos de misterio, de amor, clásicos, actuais, revistas, cómics, etc. Están Cervantes, Bécquer, Rosalía de Castro, Mark Twain, Edgar A.Poe, Eduardo Mendoza, Agustín Fernández Paz, Laura Gallego...Cada un aportou aqueles libros que máis lle gustan ou aqueles ós que lles teñen un cariño especial. O criterio á hora de decidirse por uns ou outros era pensar no que lles gustaría compartir con outros compañeiros, que lles gustaría recomendar, que pensan que lles podería interesar ós seus compañeiros.
Non esperamos que sexan consultados sómente na hora de ler. Gustaríanos que se convertise nunha librería "barra libre", na que cada un se poida servir libremente, de xeito gratuito e sen cobrar intereses. Cun simple trámite de rexistro (é importante que levemos conta de quen leva libros, cando, como os devolve) para organizarnos mellor e evitar problemas.
Pouco a pouco iremos subindo reseñas neste blog dos libros que imos lendo e a ver se conseguimos que máis xente nos faga recomendacións para seguir ampliando o noso "tesouro". Interesante aventura a que comeza para nós!
Imaxe: a nosa biblioteca de aula
No hay comentarios:
Publicar un comentario