jueves, 17 de noviembre de 2011

¿Está de moda ser europeo?

Estes días, nos xornais, adoitan aparecer noticias coma as que se recollen nestas dúas imaxes correspondentes ó xornal La Voz de Galicia do pasado mércores 16 de novembro e no xornal de tirada nacional El País do mesmo día. Eses titulares parecen querer indicar que as cousas non marchan de todo ben por Europa. A que se deberá? terá algo que ver a tan mencionada crise? Analicemos as noticias e sacaremos conclusións.

Polo que nos dín os xornais parece que a xente, en época de crise, non está totalmente de acordo con pertencer á Unión Europea. E vos, ¿que pensades? ¿é unha ventaxa ou unha desvantaxe? ¿que beneficios aporta? ¿que significa pertencer a Unión Europea? ¿que países a  integran? Demasiadas preguntas. Comezaremos vendo un video moi breve no que se nos explica como se formou a Unión Europea, os países que a integran e os propostos para novas adhesións.



Xa resolvemos algunhas das nosas dúbidas pero seguro que aínda quedan moitas máis: cal é a moeda oficial? é moeda de cambio en tódolos países? cal foi o último país en ingresar? e o primeiro? que órganos políticos a dirixen? todas estas preguntas e moitas máis podédelas resolver navegando pola web da propia Unión Europea. Facede un análise riguroso de tódalas seccións  e a continuación abriremos un debate con tódalas cuestións que plantexedes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario