jueves, 19 de enero de 2012

Como somos os galegos?

Seguro que recordades un recente anuncio publicitario dunha coñecida superficie comercial na que se loubaban as cualidades dos galegos: xenerosos, alegres, traballadores,festexeiros ..... Por se as moscas imos revisar ese anuncio. Aquí o tedes:

                                       


Pois ben, é moi fácil sentirse recoñecido neste anuncio porque os tópicos dos que nos falan resúltannos cercanos. Pero, realmente ¿sabemos como somos os galegos? ¿En Galicia a maior parte da poboación é nova ou de idade avanzada? ¿Hai máis galegos ou galegas? ¿Cal é a idade media dos homes e mulleres galegas? E se reducimos algo máis a nosa lupa ata decatarnos do noso concello, .......,en Narón ¿cómo é a xente de Narón? Estupendaaaaa, por suposto; esto xa se sabía. Pero ¿hai moita xente nova? ¿cal é a esperanza de vida? etc,etc
Como seguro que tedes interese en saber a resposta destes interrogantes....vouvola dicir. Non mellor! Vouvos explicar como se pode averiguar. Na rede podemos atopar a páxina oficial do Instituto Galego de Estadística, un organismo dependente da Xunta de Galicia  a través do cal teremos acceso a todo tipo de datos estadísticos, contrastados e fiables sobre asuntos de estadística demográfica. Pois ben, recurride a este portal e buscade os datos de poboación correspondentes ó noso concello, Narón, no ano 2010.
- Cos datos que  atoparás realiza a pirámide de poboación correspondente a Narón.
-¿Cal é a esperanza de vida no noso concello?
-¿Que porcentaxe de rapaces e rapazas hai no teu concello na mesma franxa de idade ca tí?
-¿Que porcentaxe é maior: o de nacementos ou o de defuncións?
- ¿Dirías que somos un concello envellecido?
-¿Que tipo de pirámide de poboación representaches? Se tes dúbidas podes consultar esta ligazón, onde se explican os diferentes tipos de pirámides poboacionais.
-Escolle outro concello de Galicia e compara os resultados obtidos.
-¿Tes curiosidade por analizar a pirámide de poboación dalgún país concreto? ¿Onde poderías buscar estes resultados? ¿Existirá algún organismo similar o IGE? Ánimo ca búsqueda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario