Como ben sabedes, os periódicos que lemos a diario en formato papel ou dixital non saen da nada, senón que detrás deles hai un grupo de xornalistas encargados de buscar as novas, informarse, preguntar, tomar fotografías, falar ca xente implicada, cas autoridades responsables, buscar información nos arquivos de datos, etc. Unha vez feito este traballo, reúnense nas redaccións, poñen en común a información recadada e comezan a preparar a súa publicación que será enviada á planta de impresión para despois distribuila polos puntos de venda habituais ou ben, preparala en formato web para consultalo de xeito on-line.
Pois ben, o traballo que vos toca facer esta semá será precisamente o de exercer de xornalistas no noso propio Centro. O obxectivo é crear un pequeno xornal virtual neste blog con novas de actualidade referidas ó noso instituto. Como tamén sabedes, entre o próximo 30 de xaneiro e ata o 3 de marzo celebraremos, no IES Terra de Trasancos, a Semana Solidaria. O voso traballo consistirá en observar, con espíritu xornalístico, todo o que sucede, o que se fai, o que se realiza, se a xente participa ou non, o que se aprende, o que se recada, etc. Teredes que recoller datos, imaxes, videos para logo preparalas e publicalas no noso blog-xornal.
Aquí vos deixo unha serie de recomendacións para facer ben o voso traballo. Botádelles un vistazo, aclarade dúbidas e empezade a traballar.
¡ A pola noticia!
Recomendacións para xornalistas principiantes:
-Todos sodes axentes implicados, xa sexa recollendo información como preparándoa para publicala.
-Convén deixar claro, dende o pricipio, quen se encargará de cada función evitando así perder datos ou duplicar o traballo. Unha vez teñades adxudicadas as vosas funcións, convén tamén que cada un reflexione sobre o seu papel, prepare o seu material e organice ben o seu traballo.
-Haberá que recoller información sobre todo o que ocorre durante a Semana Solidaria: quen imparte as charlas ou talleres e sobre que temas tratan, impresións da xente que asista a esas charlas, opinións das persoas encargadas da charla, imaxes deses eventos, opinión das persoas responsables da organización (por que este evento, que se pretende, que se conseguiu, como funcionou, etc), opinións das persoas participantes e colaboradores. En definitiva, canta máis información mellor.
-Unha vez rematada a recollida de información, teredes que poñela en común e discutir como a ides a organizar.
-Preparar toda a información recollida e facela pública no noso blog.

No hay comentarios:
Publicar un comentario