miércoles, 25 de enero de 2012

Ricos "versus" pobres

Estes días vimos revisando cuestións relacionadas ca desigual distribución das riquezas no noso planeta. Como xa sabemos, vivimos nun "país rico" pois contamos con ingresos altos por habitante, temos unha economía máis ou menos produtiva, vivimos nun sistema democrático que garante os nosos dereitos básicos á educación, sanidade, igualdade de xénero; temos unha esperanza de vida elevada, etc. Pero esta situación non é a mesma se nos trasladamos ós chamados "países pobres".
Imos ver se realmente entendemos todo o explicado e comentado estes días. Nas páxinas 50 e 51 do voso caderno de traballo aparecen unhas táboas que teredes que completar sinalando as semellanzas e diferenzas entre os países desenvolvidos e os subdesenvolvidos en materia de política, economía, sociedade e demografía.

Para que vos resulte máis sinxelo, botádelle unha ollada a este video creado por outro alumno de secundaria coma vós no que se recordan as principais diferencias entre ambos sistemas.

                                              

Sen dúbida, os mais perxudicados por estas desigualdades son os nenos, que en moitos países, non teñen garantizados os seus dereitos básicos. Observade este video da Organización ACNUR.
                                                           


Reflexionemos sobre estas cuestións: ¿cales son os nosos dereitos? e ¿cales son os Dereitos dos Nenos? ¿existe algunha lexislación que vos defenda? De existir, ¿cales son os vosos dereitos? ¿no teu país respétanse? ¿e noutros? Aquí vos deixo o enlace para acceder a Carta Europea dos Dereitos Fundamentales. No seu artigo 24 recolle os Dereitos da infancia; despois de  analizalos, compara se a situación no noso país é igual á de Etiopía, China, Congo, Brasil, Noruega, por exemplo.
Como conclusión propóñovos que fagades unha reflexión por escrito sobre estas cuestións que levará por título : "Se eu nacera nun país subdesenvolvido...." Sería unha boa opción publicala neste blog para poder comparar a túa visión ca de outros compañeiros, non cres?

No hay comentarios:

Publicar un comentario